sábado, 28 de febreiro de 2015

Día 6

Hoxe é día de gravacións.

Terás que facer dunha banda o Reto 6 e doutra a gravación Día 6.
En Reto 6 recollerás só ese contido.
Na gravación Día 6 recollerás as actividades xerais dos días 5 e 6 sobre as webs e as seguintes:

Hai uns días nesta páxina publicouse unha interesante reflexión sobre o modelo freemium. Convidámoste a que a leas clicando na imaxe e nos deas a túa opinión sobre esta cuestión.

http://memoriapixelada.com/2015/02/14/esta-o-modelo-freemium-a-danar-os-xogadores-habituais/


*ATENCIÓN: Non vos gravedes lendo as actividades e buscando as respostas. A lectura e realización das actividades é fóra da gravación, gravade só cando teñades claro o que tedes que dicir.

Día 6


ADIANTE cos 21DCG nesta fin de semana de chuvia no Barbanza.
Vexamos en primeiro lugar cal vai ser o Reto 6:

 


A web do día: memoriapixelada.com

http://memoriapixelada.com/

Memoria pixelada nace en 2009, clicando aquí accederedes á entrevista que por aquela altura lle fan en Código 0 ao seu autor, Juan Skaltum.
Dende esta páxina especializada en videoxogos os seus autores envíannos unha mensaxe moi especial para vós.





Animámoste a que deas unha volta por esta web e nos deas a túa opinión sobre ela.

Inclúe tamén na túa gravación a resposta ás seguintes preguntas específicas.
- Coñeces algunha web que cres que debería aparecer nos 21DCG?
- Como che foi o venres? E o sábado?
- Estás a utilizar as variantes dialectais propias da túa zona como a gheada ou o seseo?
- Consideras que a túa clase está máis ou menos implicada cos 21DCG en comparación coa maioría do instituto.
- Para ti que cando é máis doado falar en galego, os días de semana ou a fin de semana? Analiza por que existe esa diferenza, en case de a houber.

venres, 27 de febreiro de 2015

Día 5

Realiza as tarefas comúns e grava as respostas ás cuestións na gravación de mañá Día 6.
Non te esquezas de visitarnos o sábado e o domingo.
Boa fin de semana CO GALEGO!


Día 5

RETO 5 : Hoxe converteraste en profesional da creatividade na lingua. O teu reto consiste en crear unha nova palabra en galego, plasmala nalgún tipo de soporte (papel, tea, pedra, etc.) acompañada da súa definición e tirarlle unha fotografía.

A web do día: ocreatorio.com



http://www.ocreatorio.com/


O Creatorio é unha páxina web onde podes atopar os profesionais da creatividade que traballan en Galicia. Trátase dun proxecto impulsado por Lúa Louro que exerce de plataforma de VISIBILIDADE. A autora envíanos un vídeo para o proxecto 21DCG.




Trátase dun espazo dixital común dende o que o creador lle amosa o seu traballo ao posible cliente que necesite dos seus servizos. Nel o tema principal é a creatividade. 
Aquí poderás atopar exemplos de todas as formas de creación na sección Creadores, como os do OZOCOgz, entre moitos outros.



Visita a páxina, atopa algunha entrada no seu blog que che resulte interesante e logo busca na sección Creadores alguén cuxa obra che guste moito e explica por que.

xoves, 26 de febreiro de 2015



Días 1 a 21


Clica no seguinte enlace e Busca os Días correspondentes da actividade.
Realiza o visionado deste vídeo facer para a actividade dos Dias 6 e 7.


Realiza o visionado deste vídeo facer para a actividade dos Dias 12 e 13.


Clica no seguinte enlace Parr Realizar una actividade dos Dias 14 e 15: 
http://redenasa.tv/gl/post/270d670297bf/

Realiza o visionado deste vídeo facer para a actividade dos Dias 16 e 17.

Realiza o visionado hacer seguinte vídeo párr rematar os 21 dias !!!



3º D - Días 1 a 21


Clica no seguinte enlace  e Busca O Dia correspondente da actividade.

http://www.chiscos.net/xestor/chs/linguagalega1/21diascogalego3/21diascogalego3.html

Realiza o visionado deste vídeo facer para a actividade dos Dias 8 e 9.



Realiza o visionado deste vídeo facer para a actividade dos Dias 10 e 11.


Realiza o visionado deste vídeo facer para a actividade dos días 16 e 17.


Realiza o visionado deste vídeo para rematar os 21 días!!


Día 4




E o reto de hoxe é...



Imos dedicar a xornada a achegarnos ás páxinas dos sindicatos específicos de estudantes*.

AGIR



COMITÉS




LIGA ESTUDANTIL GALEGA




Indica cinco contidos diferentes que se poidan atopar na páxina dun sindicato de estudantes.

*Ordénanse alfabeticamente e seguindo o espírito da actividade, só se recollen aqueles que teñen web en galego.

mércores, 25 de febreiro de 2015

Día 3

Como vas?
Hoxe practicamente todos fixestes folga, por iso imos limitar as actividades a facer o reto e a parte xeral referida á web.

Día 3


RETO 3: O teu reto de hoxe vai ser buscar 3 noticias recentes relacionadas co galego e logo valorar se son positivas ou negativas para o desenvolvemento da nosa lingua.

A web do día: praza.gal

Cabeceira de Praza Pública hoxe.


Praza Pública, tamén coñecido como O Praza é un xornal dixital galego nado no ano 2012. Velaquí tedes o vídeo que fixo para nós o seu director, David Lombao. 


A responsable de Praza Pública, é unha fundación homónima constituída en xaneiro de 2012 que ten por finalidade o fomento da información e o debate públicos como forma de contribución ao exercicio cívico da cidadanía galega, ben como a promoción da cultura e da lingua galegas. A súa sede provisional está na Coruña. 

Noticia publicada onte en Praza Pública sobre o aniversario do nacemento de Rosalía.


Praza Pública é un xornal inserido na web 3.0, isto é, que ten en conta tamén as persoas que o len. Así, non ordena as súas novas ao xeito tradicional. Podes explicar con que criterio se ordenan as novas neste medio de comunicación?

martes, 24 de febreiro de 2015

Día 2




Como vas co teu segundo día? Cres que estás a tomar en serio os obxectivos dos 21DCG?

Que che parecen os retos? Hai algún reto que queiras propoñer para que o faga todo o instituto?

Como sabes, hoxe é día de gravación, para iso sigue o protocolo de gravación e entrega que se detalla deseguido.

Protocolo de gravacións e de entrega de arquivos:

1 - Se tes que gravar algún reto, ponlle nome ao arquivo seguindo o seguinte exemplo:
3A_ponte_patiño_pilar_21DCG_reto01

2 - Nas gravacións que realizarás cada dous días debes poñerlle o nome ao teu arquivo seguindo o seguinte exemplo:
3A_ponte_patiño_pilar_21DCG_dia02

3 - No escritorio do ordenador da aula crearedes un cartafol cun nome seguindo o seguinte exemplo:
3A_21DCG_entregas

4 - Copia os teus arquivos no cartafol do escritorio da aula, logo a profesora cada día da clase copiará os arquivos das entregas pendentes.

*Lembra que os 21DCG nos acompañan sempre ;-)

Día 2

A música forma parte das nosas vidas, fai que a música galega estea presente na túa. Con este día chuviñento nada mellor que cantar para alegrar o ánimo.

RETO 2: Canta xunto con alguén (mínimo 1 persoa máis) unha canción galega do século XXI, antes de comezardes o voso concerto indicade cales son o título e os intérpretes orixinais. (Podes facelo en audio ou vídeo).

E como non podía ser menos, hoxe a nosa web vai ser moi musical.

A web do día: GZMúsica



E como non podía
GZmúsica é unha web dedicada á música galega que pretenden achegarvos información sobre todo o que acontece arredor das músicas do país. Atrás da páxina están vari@s apaixonad@s da nosa música, pero queren ser cen mil!!! Se queres, ti tamén podes ser GZmúsica participando na súa comunidade que vai dirixida tanto a grupos como a espectadores.

Os amigos de GZmúsica enviáronnos un vídeo para os 21DCG.

 

Esta páxina conta ademais coa súa propia canle de televisión con programas onde visitan os diferentes festivais galegos. Visiona o seguinte vídeo e aprenderás de onde vén a etiqueta "rock bravú".




Bótalle unha volta a GZMúsica, á súa axenda, aos seus vídeos, ao seu cartafol de música galega e á súa páxina de descargas "legais" si, si, "descargas legais" de temas que podedes baixar. Logo dinos cal é o grupo ou intérprete que máis che gusta dos que alí aparecen.

Dámoslle as grazas á xente de GZMúsica por participar nestes 21 Días co galego e nos ofrecer tanta e boa información da actualidade musical galega.

domingo, 22 de febreiro de 2015

DÍA 1


Dámosche a benvida aos 21 Días co Galego 2015, que contará con novidades que irás descubrindo.

A primeira delas é que cada día terás un reto que deberás cumprir e documentar da maneira que consideres conveniente. Os retos están pensados por compañeiras e compañeiros teus, esperamos que che gusten.

RETO 1: Dinos cal é a palabra galega que máis che gusta e explícanos por que. (Podes facelo en audio ou vídeo).



A segunda, é que cada día che presentaremos unha web en galego que agardamos sexa do teu interese.


A web do día: DISQUECOOL

http://www.disquecool.com/


Disquecool é o primeiro medio de tendencias made in Galicia, no que falan de música, letras, estilos de vida, tecnoloxía, marketing, moda ou arte e deseño. Disquecool apareceu en maio de 2011 na rede e dende entón xa teñen máis de 3.200 seguidores en Facebook e máis de 2.650 en Twitter. Son un dos dez principais medios de comunicación dixitais en galego.
Pero nada mellor que lles ver as caras.


Buscando nos seus arquivos atopamos esta nova relacionada coa palabra "grazas".

http://www.disquecool.com/2014/12/10/o-pobo-acaba-de-falar-os-galegos-odiamos-grazas/
 
Convidámoste a visitar Disquecool e dicirnos que sección é a que máis che gusta. 

Día 1

Dámosche a benvida aos 21 Días co Galego 2015, que contará con novidades que irás descubrindo.

A primeira delas é que cada día terás un reto que deberás cumprir e documentar da maneira que consideres conveniente. Os retos están pensados por compañeiras e compañeiros teus, esperamos que che gusten.

RETO 1: Dinos cal é a palabra galega que máis che gusta e explícanos por que. (Podes facelo en audio ou vídeo).

Nesta edición tamén fixemos algúns axustes para adaptarnos mellor ás túas posibilidades de dedicación, por iso, nesta ocasión só terás que realizar a gravación persoal cada dous días.

Hoxe, para arrincar, propoñémosche que reflexiones contigo mesmo/a sobre as seguintes cuestións.
  • Que che parece a (nova) proposta dos 21 días? 
  • Que reaccións percibiches entre os/as compañeiros/as ou na casa? 
  • Que usos fas ti habitualmente do galego? 
  • Que pasos xa deches hoxe para seguir a proposta? 
  • Pensas ampliar progresivamente os usos ou intentas xa falar galego sempre? Se xa seguiches o proxecto o curso pasado, tes en mente proceder da mesma forma? 
  • En que ámbitos (escola, amizade, familia, lecer...) ou con que tipo de persoas cres/sabes que che custará máis?

3º D - Días 1 a 5

Clica aquí e busca o día correspondente da actividade.

Día 4

Clica aquí e busca o Día 4.

Día 5

Clica aquí e busca o Día 5.

Día 2

Clica aquí e busca o Día 2.

Día 3

Clica aquí e busca o Día 3.

Día 1

Clica aquí e busca o Día 1.