luns, 2 de marzo de 2015

Día 9

RETO 9: Mergulla na páxina do día e logo ponlle voz en off ao vídeo de presentación que está a seguir. Xa sabes, non se trata de ler, senón de saber explicar con precisión o que recollen as imaxes. Cun guión previo, ao tempo que con fluidez e naturalidade, pode quedar ben axustado.





Elaborar un Catálogo social do patrimonio galego, ese é o ambicioso obxectivo de patrimoniogalego.net, co fin de preservar e poñer en valor a nosa riqueza monumental. Como fan todos os pobos que se estiman. 

Con máis de 6.000 bens, converteuse no maior rexistro público dixital de construcións patrimoniais galegas: fortalezas, castros, petróglifos, muíños, dolmens, pazos, fontes, pontes... Acadou máis de 160.000 visitas no último ano.


A presentación:


Máis:

Ningún comentario:

Publicar un comentario