domingo, 15 de marzo de 2015

Día 21

No noso especial camisetas de onte esquecemos subir a referencia a OZOCOgz, que por suposto pasa a formar parte das nosas webs do día.



















______________ 
A nosa web de hoxe: Vitaminas para o Galego


http://vitaminasparaogalego.blogspot.com.es/


O idioma galego necesita vitaminas. A lingua galega precisa de axudas. Entre os apoios fundamentais figuran os medios de comunicación que empregan, prestixian e difunden o xeito de falar dos habitantes do NO da Península Ibérica. A pluralidade de linguas é unha riqueza cultural que a humanidade debe protexer e cultivar. Para espallar esta idea xorde o proxecto "Vitaminas para o galego", impulsado polos medios en galego.
 Non esquezas vitaminar o teu galego!

______________ 

Para hoxe temos un vídeo de Alejandra e Candela que reflexionan para nós sobre a súa vivencia do galego en California.




E tamén unha sorpresiña que nos chega dende Colorado protagonizado por alguén que ides coñecer.


 


E rematamos coas palabras dalgúns membros da ANPA do IES sobre a súa práctica persoal e sobre o proxecto 21DCG.




______________ 
E chegou o momento da reflexión final. Convidámoste a que lle deas resposta na túa gravación ás seguintes cuestións:
Cal foi o reto que máis che gustou?
Que xornada foi para ti a mellor?
Se tiveses que elixir unha soa páxina das webs que che ofrecemos, con cal quedarías? Por que?
Se os houbo, cales foron os principais atrancos que atopaches para te desenvolveres en galego?
Cita cinco logros que conseguises no teu avance como galegofalante?
Se es galegofalante, como valoras a participación dos teus compañeiros?
Se es galegofalante, cales foron os teus logros de mellora?
Cóntanos como foi valorada a túa participación nesta experiencia na túa familia.
Nestes días como galegofalante cres que avanzaches máis no uso do galego ou na reflexión sobre a túa relación co galego?
Consideras que o teu grao de participación foi satisfactorio?
Do 1 ao 10 como valorarías a túa participación?
Tendo en conta os 2 obxectivos dos 21 Días co Galego, dános algunha idea para poder melloralos.

MOITAS GRAZAS POR PARTICIPARES NESTES
 21 DÍAS CO GALEGO!

E LEMBRA QUE O GALEGO ESTÁ AÍ PARA TI

TODO O ANO!


* Aínda non está todo dito!
** Aínda vos quedan cousas por ver!
*** Lembrade gardar as vosas camisetas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario