martes, 10 de marzo de 2015

Día 16


A nosa páxina web do día hoxe: portaldaspalabras.gal


http://www.portaldaspalabras.gal/
 http://www.portaldaspalabras.gal/

 

Cal é a sección que máis che gusta do noso portal máis visitado?
Que lle engadirías ti ao Portal das Palabras? Recoméndanos un "Setestrelo" ou un "Mira que din" que che resultase interesante.

O pasado 21 de febreiro conmemorouse o Día Internacional da Lingua Materna.


Cada 21 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día da lingua materna, proclamado pola UNESCO en 1999, coincidindo coa data en que en 1952 a policía e mais o exército paquistaní abriron fogo contra unha multitude de falantes bengalís que se manifestaba polos seus dereitos lingüísticos, vinte anos antes da independencia de Bangladesh, na súa capital Dhaka. Defendían a súa lingua materna, a primeira, a que aprendemos desde ben pequeniños.

No noso país, en 2015, sesenta e tres anos despois, a lingua galega é a máis falada, pero segundo os últimos datos sobre o uso do noso idioma estamos asistindo á súa substitución como lingua materna maioritaria, rompéndose a cadea de transmisión interxeracional, e provocando deste xeito a maior ameaza da historia para a súa supervivencia.

Tecnicamente pódese expresar dicindo que, a cada ano que pasa, temos menos  paleofalantes, que son as persoas que falan unha lingua desde que naceron. Pola contra, a quen se instalan nun idioma na idade adulta, chámaselles neofalantes.

Os especialistas din que os paleos gañan en fonética e sintaxe, mentres que os neos sobresaen por coidaren a morfoloxía e o léxico.*

Hoxe traémosvos unha paleofalante moi coñecida para vós:


A maioría da xente que te rodea cres que é paleofalante ou neofalante. Respecto do galego, cal sería o resto para un paleofalante, e para un neofalante? Xustifica a túa resposta.

* Texto orixinal do Portal das Palabras.


Ningún comentario:

Publicar un comentario