domingo, 8 de marzo de 2015

Día 14



Hoxe é 8 de marzo, Día Internacional da muller traballadora. 


Son moitas as caras da problemática da muller no seu desenvolvemento social e laboral. Por este motivo, hoxe serán varias as webs do día.



No día da muller traballadora tamén se demanda que as rapazas teñan todas as posibilidades abertas no mundo laboral, igual ca os homes e que non haxa "traballos de homes" e "traballos de mulleres".

 
Antes de cada nena houbo sempre outra muller e antes dela outra, e todas foron educando as súas fillas coa mellor das súas vontades.



É moi importante que as mulleres sexamos conscientes da nosa responsabilidade á hora de educar en igualdade a fillas e fillos.


Convidámoste a que visites estas tres páxinas, entre outras moitas que poderían estar, e nos comentes a túa opinión.

feminismo.info

http://www.feminismo.info/webgalego/

fgme.es

implicadas.net


Como ves son moitas as maneiras de se achegar ás mulleres e ás súas problemáticas específicas.





Cres que o mundo laboral é igual para os homes que para as mulleres. Pregúntalles ás mulleres que te rodean que pensan sobre o tema e logo cóntanos as túas conclusións.



De seguro existe unha muller traballadora á que admiras e que fala en galego. Nas actividades de hoxe ofrecémosche a oportunidade de que lle fagas a túa homenaxe particular a esa muller merecedora da túa admiración.



Ningún comentario:

Publicar un comentario