sábado, 7 de marzo de 2015

Día 13

Páxina web do día: agasallo.eu 

http://www.agasallo.eu/portada.php?idioma=gl


Un disco, un xogo, unha camisola, un libro, unha cea, unha entrada a un concerto, un licor ou viño, unha subscrición, un dvd, unha fin de semana de turismo rural... 



En galego tes unha chea de opcións para elixir regalos, e a plataforma Agasallo.eu, impulsada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), ten o obxectivo de propolas, difundilas e facer que a xente as coñeza e as teña sempre en conta...
para o Nadal,
para un aniversario,
para o Día d@s Namorad@s,
para unha amiga ou amigo,
para levar algo cando te convidan a merendar/xantar/cear na casa de alguén,
para o Día da Nai ou do Pai,
para o Día de Rosalía,
para quen queiras,
para cando queiras.

Xa ves que en galego tamén tes todo por agasallar. Elixe cinco persoas e dinos que agasallos che gustaría realizarlles e por que.

Dinos o nome de cinco comercios coñecidos por ti onde utilicen dunha forma ou doutra o galego: na cartelería, na publicidade, na atención á clientela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario