A partir de hoxe, e para facilitar o desenvolvemento do resto da actividade, cada dous días terás que realizar 1 gravación e 1 reto, deste xeito o reto poderalo realizar tanto o día que se publica como ao día seguinte.
Os retos restantes serán publicados os días: 10, 12, 14, 16, 18 e 20 da actividade.
As gravacións restantes realizaranse os días: 11, 13, 15, 17, 19 e 21 da actividade.
Isto significa que hoxe día 10 NON TERÁS GRAVACIÓN e que na gravación do día 11 deberás incluír as reflexións e actividades dos días 9, 10 e 11, deste xeito evitamos ter que realizar dous días seguidos de gravación ao final dos 21DCG.
Se tes calquera dúbida ao respecto, consulta co profesor da materia na aula.
Esperamos que así che resulte máis levadeiro e animámoste a seguir aínda con máis entusiasmo a partir de agora!
Saúdos.
____________________________________
RETO 10: Xa é o momento de que os 21DCG amosen o seu look máis divertido e imos realizar a "Pasarela 21DCG", o teu reto consistirá en crear un look personalizado 21DCG.
A web do día: IGE (Instituto Galego de Estatística)
Ningún comentario:
Publicar un comentario