domingo 15 marzo 2015

Día 21

No noso especial camisetas de onte esquecemos subir a referencia a OZOCOgz, que por suposto pasa a formar parte das nosas webs do día.



















______________ 
A nosa web de hoxe: Vitaminas para o Galego


http://vitaminasparaogalego.blogspot.com.es/


O idioma galego necesita vitaminas. A lingua galega precisa de axudas. Entre os apoios fundamentais figuran os medios de comunicación que empregan, prestixian e difunden o xeito de falar dos habitantes do NO da Península Ibérica. A pluralidade de linguas é unha riqueza cultural que a humanidade debe protexer e cultivar. Para espallar esta idea xorde o proxecto "Vitaminas para o galego", impulsado polos medios en galego.
 Non esquezas vitaminar o teu galego!

______________ 

Para hoxe temos un vídeo de Alejandra e Candela que reflexionan para nós sobre a súa vivencia do galego en California.




E tamén unha sorpresiña que nos chega dende Colorado protagonizado por alguén que ides coñecer.


 


E rematamos coas palabras dalgúns membros da ANPA do IES sobre a súa práctica persoal e sobre o proxecto 21DCG.




______________ 
E chegou o momento da reflexión final. Convidámoste a que lle deas resposta na túa gravación ás seguintes cuestións:
Cal foi o reto que máis che gustou?
Que xornada foi para ti a mellor?
Se tiveses que elixir unha soa páxina das webs que che ofrecemos, con cal quedarías? Por que?
Se os houbo, cales foron os principais atrancos que atopaches para te desenvolveres en galego?
Cita cinco logros que conseguises no teu avance como galegofalante?
Se es galegofalante, como valoras a participación dos teus compañeiros?
Se es galegofalante, cales foron os teus logros de mellora?
Cóntanos como foi valorada a túa participación nesta experiencia na túa familia.
Nestes días como galegofalante cres que avanzaches máis no uso do galego ou na reflexión sobre a túa relación co galego?
Consideras que o teu grao de participación foi satisfactorio?
Do 1 ao 10 como valorarías a túa participación?
Tendo en conta os 2 obxectivos dos 21 Días co Galego, dános algunha idea para poder melloralos.

MOITAS GRAZAS POR PARTICIPARES NESTES
 21 DÍAS CO GALEGO!

E LEMBRA QUE O GALEGO ESTÁ AÍ PARA TI

TODO O ANO!


* Aínda non está todo dito!
** Aínda vos quedan cousas por ver!
*** Lembrade gardar as vosas camisetas!

sábado 14 marzo 2015

Día 20



RETO 20: Este é o noso derradeiro reto da edición 2015 dos 21 Días co Galego. Entre hoxe e mañá deberás crear a túa camiseta 21 Días co Galego na que apareza unha palabra galega que queiras amosarlle ao mundo. Non esquezas poñerlle a chapa para completar o look. Non é necesario que merques unha camiseta nova, de seguro terás algunha que poderás reciclar. Despois fai unha foto e conserva a camiseta, en vindeiras datas dirémosche para que che servirá e HABERÁ SORPRESAS!

Hoxe achegarémonos ao fascinante mundo das camisetas en galego, algo máis ca roupa e que mesmo se teñen convertido en obxectos de colección. É por iso que na nosa sección "A nosa web do día" visitaremos varias páxinas que nos darán un panorama sobre o mundo do deseño deste tipo de produtos en Galicia.


Caramuxo



















Chambras



















Gabandello



















Lobisome




















Nicetrip Galicia


















Nikis Galicia




Rei Zentolo



















O Visio





 















Igual pensas que en todos os sitios se levan as camisetas con lema, pois non é así, disque en Galicia este tipo de prendas teñen especial éxito porque reflicten a particular forma de ver o mundo dos galegos a través da súa lingua. 
Por que cres ti que gustan tanto?

____

Hoxe temos tamén un saúdo especial dende Finlandia. 



Quen é a protagonista? De onde é? Cal é a súa lingua? Amosa algún tipo de prexuízo lingüístico?

venres 13 marzo 2015

Día 19


A nosa páxina web do día hoxe: botóns.eu

http://botons.eu/


Os amigos de Botóns envíannos este vídeo e a seguinte mensaxe como resposta á nosa petición de colaboración:



Botóns nace en 2010 para recuperar o que a finais dos anos 90 e comezos dos 2000 fora Aula Galega, a primeira revista galega de Educación en internet. É un proxecto xurdido do ánimo dun pequeno grupo de xente: nais, pais, padriños e madriñas, tíos e tías, mestres e mestras. Todos con vontade de axudar a crear un punto de encontro na rede para o intercambio de recursos e ideas. Coa idea de colaborar e sabendo que Unha educación mellor é tarefa de todos.
No pasado, a necesidade de tempo e recursos económicos para soster o proxecto co mínimo de ambición que se requiría puxo en perigo a iniciativa. Mais na actualidade Botóns mantense grazas á axuda da empresa Ronsel de Ideas, que amadriñou un proxecto que doutro xeito non podería manterse. E se ben non dispoñemos de todo o tempo e recursos para mantelo tan actualizado como nos gustaría, a día de hoxe estamos abertos á colaboración de todos os amigos e amigas que queiran participar. Agardamos os vosos artigos, propostas, suxestións e ideas para seguir facendo Botóns. Aquí seguiremos, e por suposto, en galego, falando de nós e do mundo dende aquí, na nosa lingua. Unha aperta e grazas polo voso tempo. 

Visita Botóns e cóntanos como lle afecta ao cerebro escoitar a nosa canción favorita?
Cal é a sección que máis che gusta desta portal? Por que?

xoves 12 marzo 2015

Día 18

Reto 18: Hoxe temos un reto chegado dos Estados Unidos e que poñerá en acción a vosa intuición lingüística.





A nosa páxina web do día hoxe: codigocero.com

http://www.codigocero.com/




A revista Código Cero, nada en 2002, é unha publicación pioneira no eido da divulgación tecnolóxica en lingua galega que naceu ao abeiro dun programa radiofónico chamado Banda Ancha que segue a emitirse na actualidade os sábados de 15:00 a 16:00.
Clica na imaxe e poderás escoitar o programa do pasado 7 de marzo, se te desprazas cara abaixo tamén tes hiperligazóns a emisións anteriores.


http://www.crtvg.es/rg/a-carta/banda-ancha-banda-ancha-do-dia-07-03-2015-1036707



Tanto a revista como o programa de radio nos últimos anos téñense convertido e ferramentas normalizadoras do emprego da nosa lingua no ámbito das novas tecnoloxías.

Visita a revista e selecciona unha noticia que sexa do teu interese.
 

mércores 11 marzo 2015

Día 17


Houbo un erro na alternancia de retos e gravacións na publicación do blog.

Repasamos como queda a distribución de retos e gravacións.



Día 12 – reto

Día 13 – gravación

Día 14 –

Día 15 – reto e gravación

Día 16 –

Día 17 – gravación

Día 18 – reto

Día 19 – gravación

Día 20 – reto

Día 21 – gravación



Se alguén ten arquivos de gravación de máis NON PASA NADA.

Desculpas polas molestias.

____



E agora imos co Día 17 onde terás que gravar as actividades dos días 16 e 17 e analizar a túa evolución na experiencia nestas dúas xornadas.

Onte tivemos en 21DCG unha paleofalante e hoxe traemos unha neofalante tamén moi especial para nós como exemplo de como moi variados motivos poden empurrarnos nun momento determinado a dar o paso e converternos en galegofalantes se non o somos xa.


Coñeces algunha persoa neofalante? Sabes por que comezou a falar galego? 
Se es galegofalante fai esta pregunta: Cres que o teu galego está en perigo contigo ou non ten nada que temer?
Se non es galegofalante fai esta pregunta: Cres que podería chegar o día en que deses o paso de te converteres en neofalante? Que necesitarías para que ese día chegase?

A nosa páxina web do día hoxe: gciencia.com


http://www.gciencia.com/


GCiencia é un medio de información dedicado á ciencia e investigación desenvolvidas en Galicia que pretende achegar a produción científica galega a todos os públicos dende a perspectiva xornalística.

Visita esta páxina e dinos cal é a túa nova preferida esta semana.